Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN de ERROS. ANUNCIO do 28 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se acorda someter a información pública o proxecto de orde pola que se regula a presentación e a comunicación de queixas e reclamacións en materia de servizos sociais.

Advertidos erros no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 201, do 5 de outubro de 2020, é necesario facer as oportunas correccións:

Na páxina 38442, nos apartados segundo e terceiro, na referencia á ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia, onde di: «http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-desuxestions», debe dicir: «http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions».