Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 22 de setembro de 2020 polo que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/41/2014-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 4 de agosto de 2020, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 27.10.2016, do 5.10.2017 e do 21.3.2019 en que se declaran ilegalizables as obras consistentes en varias construcións, no lugar de Explanada, parroquia de Dorra, no termo municipal de Antas de Ulla, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente, e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Jesús Rivas Quinteiro e a María Luisa Expósito Fernández, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles as persoas interesadas a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles as persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación as citadas persoas interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística