Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39523

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para unha praza de persoal (referencia SINFONIA-20-TSP1).

Praza: un/unha (1) técnico/a superior de proxecto (referencia SINFONIA-20-TSP1).

Proxecto que se vai desenvolver: SINFONIA-Radiation risk appraisal for detrimental effects from medical exposure during management of patients with lymphoma or brain tumour.

Modalidade contractual: contrato temporal, a xornada completa, para a realización de proxecto específico de investigación científica e técnica regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación e en particular, polos artigos 12 e 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede da Fundación Cesga (Edificio Cesga, avenida de Vigo s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web da Fundación Cesga.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2020

Mauro Fernández Dabouza
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia