Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 18 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2020/2186-2 e doce máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70,1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer a quen a promovese, de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 18 de setembro de 2020

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Artigo 11.4 do Decreto 245/2009, do 30 de abril)
Alejandro Fontela Pereira
Xefe de Servizo de Xustiza e Administración Local

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A 2020/2186-2

Isabel Soengas Expósito

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2192-2

Eneas Lopes de Almeida

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2195-2

José Manuel Vázquez Carballo

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2241-2

Comunidade de Propietarios Edificio Cervantes número 2-Foz

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2267-2

Pedro Javier Posada Navia

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2276-2

Daniel Laut García

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2310-2

Mónica Fouz Arias

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2323-2

Carlos Corredoira Otero

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2332-2

ING Bank NV

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2355-2

Mariano López Martínez

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2364-2

Manuel Carlos García Fernández

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2378-2

Yamileth Muñor Rendon

Recoñecemento do dereito

PR204A 2020/2437-2

José María Paredes Portela

Recoñecemento do dereito