Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39651

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Unha vez presentada a renuncia do vogal suplente do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro de 2019, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Jaime Barros Leboreiro como vogal suplente do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal suplente do dito tribunal a Francisco Rodríguez Vila, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública