A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada por medios telemáticos o xoves 30 de xullo de 2020, aprobou inicialmente o Plan especial de reforma interior da UA 46, situada en Oseiro (expediente 2020/U035/000001-22/2018 PERI), asinado polo arquitecto José Antonio Martínez Lema e tramitado por instancia de José Luis Chouciño Garrido e Carmen Blanco Veiga.
En virtude do disposto polos artigos 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186.1.a) do Regulamento de planeamento, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.
Durante este período quedará o expediente ao dispor de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se cosideren pertinentes, e estarán ao dispor dos interesados na sede electrónica deste concello.
Así mesmo, acordouse suspender o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do Plan especial, e que son as seguintes parcelas con referencia catastral:
1568701NH4916N0001IU
1568702NH4916N0001JU
1669303NH4917S0001UO
Arteixo, 7 de setembro de 2020
O alcalde
P.D. (Decreto 1546/2020, do 10 de xullo)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio