Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39894

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO do 13 de outubro de 2020 polo que se notifica o acordo da ampliación de prazo para solicitar as axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (axudas DGAN 2020).

De conformidade co artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Fundación Deporte Galego acordou a ampliación do prazo para a solicitude das axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (axudas DGAN 2020) en cinco (5) días hábiles.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2020

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego