Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 15 de outubro de 2020 Páx. 39984

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2020 pola que se dá publicidade da Resolución do 2 de outubro de 2020 pola que se lle encarga á Fundación Semana Verde de Galicia (FSV) que poña á disposición da Dirección Xeral da Función Pública os espazos precisos e lle preste os traballos de apoio necesarios para organizar as probas dos procesos de funcionarización do persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselle publicidade á encarga da Consellería de Facenda e Administración Pública á Fundación Semana Verde de Galicia, que ten as seguintes características:

Actividade: esta encarga ten por obxecto que a Fundación Semana Verde de Galicia poña á disposición da Dirección Xeral de Función Pública os espazos necesarios e lle preste os traballos de apoio correspondentes para a realización das probas dos seguintes procesos de funcionarización que teñen lugar nos días que a continuación se indican:

Data

Proceso selectivo

Aspirantes

DOG

3.10.2020

Mañá

Funcionarización

AP-subalternos (da categ. 003 do grupo V)

145

Resolución do 7.2.2020

DOG núm. 32, do 17.2.2020

3.10.2020

Tarde

Funcionarización

A1

116

Resolución do 7.2.2020

DOG núm. 32, do 17.2.2020

Funcionarización

C1

123

Resolución do 7.2.2020

DOG núm. 32, do 17.2.2020

4.10.2020

Mañá

Funcionarización

A2

253

Resolución do 7.2.2020

DOG núm. 32, do 17.2.2020

4.10.2020

Tarde

Funcionarización

C2

325

Resolución do 7.2.2020

DOG núm. 32, do 17.2.2020

Natureza e alcance da xestión da encarga: encarga a medios propios ao ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Orzamento: 70.384,27 €. O gasto impútase á aplicación 23.04.124A.226.13 (código de proxecto 2015/00187) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de 2020.

Esta operación non está suxeita a IVE segundo o establecido no artigo 7.8 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de
Facenda e Administración Pública