Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 15 de outubro de 2020 Páx. 40073

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de praza de persoal laboral fixo correspondente á estabilización de emprego.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 211/2019, do 29 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2019, realiza convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo correspondente á estabilización de emprego polo procedemento de concurso:

– 1 praza de responsable de Comunicación e Imaxe GII BI N8.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web de Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telematicamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este finalizará o seguinte día hábil.

Vigo, 30 de setembro de 2020

Enrique César López Veiga
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo