Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de setembro de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se citan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes de reclamación de danos e perdas ao dominio público viario autonómico 124/2019-CO e un máis.

Publícase este anuncio despois de intentar, sen éxito, a notificación, en papel, a través do servizo de Correos, ou electronicamente, cando este último é o medio obrigatorio ou o elixido pola persoa interesada, de acordo co disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), en relación co artigo 14 da mesma lei.

De conformidade co disposto no artigo 44 da LPACAP, notifícase o acto administrativo que se indica no expediente de reclamación de danos e perdas ao dominio público viario autonómico (clave IFOO008B) (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, DOG nº 132, do 12 de xullo) ás persoas relacionadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as ditas persoas interesadas, se desexan coñecer o contido íntegro do acto e examinar o resto da documentación do expediente, deberán comparecer:

No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial de Estado (BOE).

Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da AXI na Coruña.

A Coruña, 30 de setembro de 2020

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Persoa interesada/DNI/NIF/NIE

Acto notificado

Estrada

124/2019-CO

B15962467

Resolución

AC-162, Sada-Bergondo

62/2020-CO

78787984N

Acordo de inicio

AC-300, Os Ánxeles-Picaraña