Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 21 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2003/327-5).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través desta cédula notifícase á persoa citada no anexo, a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázase a persoa interesada por sí ou a través do seu representante legal para que no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais e en horario das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación se entenderá producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás resolucións administrativas, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 21 de setembro de 2020

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2003/327-5.

DNI: 36139624T.

Acto que se notifica: resolución admininstrativa do 23 de decembro de 2019.

Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida.