Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCION do 23 de setembro de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea T.P. II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da concesión administrativa e da batea T.P. II, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 22 de xuño de 2020 Juan Antonio Muñiz Lampón solicitou autorización para transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea T.P. II.

Segundo. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior resolvo:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Juan Antonio Muñiz Lampón (***5256**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: T.P. II.

Ubicación:

Cuadrícula nº: 80.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: María del Pilar Muñiz Lampón (***0656**).

Novo titular: Juan Antonio Muñiz Lampón (***5256**).

O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos y obrigas da anterior.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous (2) meses, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de setembro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións (Resolución do 6.11.2019)
María José Cancelo Baquero
Xefa de Servizo de Recursos Mariños