Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 19 de outubro de 2020 Páx. 40275

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 89/2019).

ETX execución de títulos xudiciais 89/2019

Procedemento orixe: DSP despedimento/cesamentos en xeral 779/2018

Sobre despedimento

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 89/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia Sampayo Rodríguez, contra a empresa Colegio Junior´s, S.L., sobre reclamación de cantidade, se acordou citar o Colegio Junior´s, S.L., co fin de que compareza na sala de vistas deste xulgado do social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, cp 15707, o día 2 de novembro de 2020, ás 13.30, para a celebración dos actos da comparecencia, e deberá facelo mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial e para a comparecencia sinalada fanse as seguintes prevencións:

1º. A non comparecencia da executada, debidamente citada, non impedirá a celebración da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da Lei reguladora da xurisdición social), e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que a interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da Lei reguladora da xurisdición social, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio e xustificará debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (artigo 155.5 parágrafo 1º da Lei de axuizamento civil), facéndolles saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados, así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión da comparecencia.

E para que sirva de citación ao Colegio Junior´s, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza