Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 19 de outubro de 2020 Páx. 40266

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 185/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 185/2020, seguido por instancia de Ángel Barcón Monterroso contra Go Sushi Coruña, S.L. e con intervención do Fogasa, sobre reclamación de salarios, se ditou Sentenza número 282/2020, do 16 de setembro, en que se estima a demanda, contra a cal non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Go Sushi Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza