Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 20 de outubro de 2020 Páx. 41819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Pontedeume (expediente-e IN407A 2015/183-1).

Expediente-e: IN407A 2015/183-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificado 1 do proxecto de recuamento da LMT PED705 praia de Ber.

Concello: Pontedeume.

Feitos:

1. O 16.4.2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada. Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os documentos seguintes:

– Proxecto de execución denominado: modificado 1 do proxecto de recuamento LMT PED705 praia de Ber.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, de acordo co artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Servizo de Xestión Cultural-X.T. da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña; Servizo de Urbanismo-X.T. da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña; ADIF-Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana; Deputación da Coruña e Concello de Pontedeume. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos por Urbanismo e a Deputación. Hoxe en día non consta no expediente resposta dos organismos afectados, isto é, ADIF e o Concello, á solicitude nin á reiteración do condicionado solicitado. Xestión Cultural achegou unha resolución onde autoriza as obras do modificado 1 deste proxecto.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente de acordo co establecido no artigo 66.a) do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, conforme a disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

2. A lexislación aplicable a este expediente é:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Liña eléctrica de media tensión aérea (actuación número 1), a 15 kV cunha lonxitude de 103 m e coa orixe no apoio número 80/08, existente da LMT PED705 (expediente 27.051), no treito entre a derivada ao CT San Bollo (expediente 27.938) e a derivada ao CT Praia de Ber (expediente 17.716), condutor tipo LA-56 mm2 Al e remate no apoio número 80/10 proxectado da LMT PED705 (expediente 27.051), no treito entre a derivada ao CT San Bollo e a derivada ao CT praia de Ber.

– Retensado de liña eléctrica de media tensión aérea (actuación número 2), a 15 kV cunha lonxitude de 140 m e coa orixe no apoio número 80/12, proxectado da LMT PED705, no treito entre a derivada ao CT praia de Ber (expediente 17.716) e a derivada ao CT Boebre Sixto (expediente 133/04), condutor tipo LA-56 mm2 Al (existente) e remate no apoio número 80/14 existente da LMT PED705, no treito entre a derivada ao CT praia de Ber e a derivada ao CT Boebre Sixto.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 1), a 15 kV cunha lonxitude de 272 m e coa orixe no paso de aéreo a soterrado que se vai realizar no apoio número 80/10 proxectado que se intercalará na LMT PED705 (expediente 27.051), no treito entre a derivada ao CT San Bollo e a derivada ao CT praia de Ber (expediente 17.716), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1x240 Al) mm2 Al e remate no novo CS proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 2), a 15 kV cunha lonxitude de 78 m e coa orixe no novo CS proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1x240 Al) mm2 Al e remate no paso de soterrado a aéreo que se vai realizar no apoio número 80/12 proxectado que se intercalará na LMT PED705 (expediente 27.051), no treito entre a derivada ao CT praia de Ber e a derivada ao CT Boebre Sixto.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 3), a 15 kV cunha lonxitude de 328 m e coa orixe no novo CS proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1x240 Al) mm2 Al e remate no paso de soterrado a aéreo que se vai realizar na fronte do CT praia de Ber.

– Desmontaxe das liñas aéreas recuadas.

– Novo centro de seccionamento, tipo prefabricado compacto, manobra exterior configuración 3L+1SS (2 telecontroladas).

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 28 de setembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.