Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 20 de outubro de 2020 Páx. 41865

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO das bases para o proceso selectivo dun axudante de servizos varios-auxiliar notificador/a.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 10 de setembro de 2020, resolveuse a aprobación das bases dun proceso selectivo para a selección e nomeamento dun/dunha axudante de servizos varios-auxiliar notificador/a do Concello de Ames.

O período de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña núm. 155, do 18 de setembro de 2020. Ademais, publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ames.

Ames, 21 de setembro de 2020

O alcalde
P.D. (Decreto 2101/2020)
David Santomil Mosquera
Primeiro tenente de alcalde