Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de reestruturación parcelaria de Benza (Trazo-A Coruña), para seren notificados por comparecencia do acordo de reestruturación.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados da zona de reestruturación parcelaria de Benza (Trazo-A Coruña) que se relacionan no anexo, para seren notificados por comparecencia do acordo de reestruturación parcelaria da dita zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderán solicitar cita previa nas dependencias deste servizo chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra o acto a que se refire o anexo, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, consonte o establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

A Coruña, 22 de setembro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto notificado

Zona de reestruturación parcelaria

44828647Z

Acordo de reestruturación parcelaria

Benza (Trazo-A Coruña)

47389141X

Acordo de reestruturación parcelaria

Benza (Trazo-A Coruña)

33214623R

Acordo de reestruturación parcelaria

Benza (Trazo-A Coruña)

44839467R

Acordo de reestruturación parcelaria

Benza (Trazo-A Coruña)

44811996S

Acordo de reestruturación parcelaria

Benza (Trazo-A Coruña)

32324472L

Acordo de reestruturación parcelaria

Benza (Trazo-A Coruña)

76331469N

Acordo de reestruturación parcelaria

Benza (Trazo-A Coruña)

32795535L

Acordo de reestruturación parcelaria

Benza (Trazo-A Coruña)