Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41916

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para os anos 2020-2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421G).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 129, do 1 de xullo de 2020, compre facer a seguinte corrección:

Na páxina 26004, onde di: «Artigo 7.1.a) Bombas de calor.

(…).Tomaranse como temperaturas de referencia para o cálculo do COP e da potencia 0/35 ºC para bombas de calor xeotérmicas e 7/35 ºC para aerotermia. Por tanto, para xustificar esta condición, deberá achegarse a documentación xustificativa do ensaio para a obtención do COP»; debe dicir: «Artigo 7.1.a) Bombas de calor.

(…).Tomaranse como temperaturas de referencia para o cálculo do COP e da potencia 0/35 ºC para bombas de calor xeotérmicas e 7/35 ºC para aerotermia en bombas de calor aire/auga. Por tanto, para xustificar esta condición, deberá achegarse a documentación xustificativa do ensaio para a obtención do COP».

Na páxina 26011, onde di: «Artigo 10.1.a).6º. No caso de xeotermia, aerotermia e solar térmica os certificados de rendemento dos sistemas xeradores coas seguintes especificacións:

(…) Tomaranse como temperaturas de referencia para o cálculo do COP e da potencia 0/35 ºC para bombas de calor xeotérmicas e 7/35 ºC para aerotermia», debe dicir: «Artigo 10.1.a).6º. No caso de xeotermia, aerotermia e solar térmica, os certificados de rendemento dos sistemas xeradores coas seguintes especificacións:

(…) Tomaranse como temperaturas de referencia para o cálculo do COP e da potencia 0/35 ºC para bombas de calor xeotérmicas e 7/35 ºC para aerotermia en bombas de calor aire/auga».