Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41921

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Unha vez presentada a renuncia do presidente suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Elías Neira Rial como presidente suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Segundo. Nomear no seu lugar como presidenta suplente do devandito tribunal a Marta Ramos Lage, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública