Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41998

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO da oferta de emprego público 2020.

Expediente: 716/2020.

A Alcaldía, con data do 2 de setembro de 2020, resolve:

1º. Aprobar a oferta de emprego público para o ano 2020 do Concello de Meaño, provincia Pontevedra, que comprende:

a) Praza que se oferta para cubrir as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que deben proverse mediante incorporación de persoal de novo ingreso con cargo ao 100 % da taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2020:

Praza de funcionario de carreira (acceso libre):

Grupo

Denominación

Clasificación

Sistema de selección

C2

Auxiliar administrativo

Escala de administración xeral,

subescala auxiliar

1

Oposición

b) Postos derivadas do proceso de estabilización de emprego temporal de conformidade co previsto no artigo 19.Un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018:

Prazas de persoal laboral fixo (acceso libre):

Denominación

Nº de prazas

Xornada

Sistema de selección

Auxiliar de biblioteca

1

Parcial

Concurso-oposición

Técnico/a en ximnasia terapéutica

1*

Parcial

Concurso-oposición

Monitor/a actividades físico-deportivas

1*

Parcial

Concurso-oposición

Limpadoras/es CEIP e edificios municipais

6*

Parcial

Concurso-oposición

Coidadoras Plan madruga e comedor escolar

2*

Parcial

Concurso-oposición

Mestres da escola municipal de música de Meaño

3*

Parcial

Concurso-oposición

Mestres da escola municipal de música de Meaño

10**

Parcial

Concurso-oposición

* Persoal laboral fixo-descontinuo.

** Persoal laboral fixo-descontinuo derivado de sentenza xudicial.

2º. Facer pública esta oferta de emprego, mediante a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto do empregado público.

3º. A praza de funcionario/a e as de persoal laboral fixo serán obxecto de provisión mediante convocatoria pública, que será publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra coas súas correspondentes bases e programas, e mediante extracto das ditas convocatorias no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Meaño, 8 de setembro de 2020

Carlos Viéitez Fernández
Alcalde