Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 30 de setembro de 2020 pola que se notifica o Acordo do 11 de xuño de 2020 que fixa o prezo xusto do predio número 8-0, sito en Marín, relativo ao proxecto 01873 (expediente 2019/001331).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Dolores Buceta Entenza o Acordo do 11 de xuño de 2020 que fixa o prezo xusto do predio número 8-0, sito en Marín, relativo ao proxecto 01873 (expediente 2019/001331), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está a disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1 de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01873-Construción da senda peonil na marxe dereita da PO-551 p.q. 6,295 a 7,718 (Vilaseca-lapaman). Clave: PO/16/045.06. TM Marín.

Nº de expediente: 2019/001331.

Persoa que se vai a notificar: Dolores Buceta Entenza.

Expropiante: Cim. Servizo Provincial da AXI de Pontevedra.

Expropiada: Dolores Buceta Entenza.

Beneficiario: Cim. Servizo Provincial da AXI de Pontevedra.

Predio nº: 8-0.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 422,77 €.