Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se modifica e revisa a autorización ambiental integrada 2015-IPPC-25-299 para a ampliación dunha explotación avícola de engorda de polos en San Martiño de Condes, concello de Friol (Lugo), titular Finca Agruñeiras, S.C.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Proxecto: ampliación de explotación avícola de engorda de polos

Procedemento: modificación substancial e revisión da autorización ambiental integrada, e avaliación de impacto ambiental

Titular: Finca Agruñeiras, S.C.

Expediente: 2018-IPPC-M-37

Localización: San Martiño de Condes, concello de Friol (Lugo)

Núm. rexistro AAI: 2015-IPPC-25-299

Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático