Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 24 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifican as resolucións da solicitude de recoñecemento extraordinario do Grao I do sistema de carreira profesional devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu domicilio ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do Grao I do sistema de carreira profesional.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional da Consellería de Facenda e Administración Pública, sitas na rúa Pastoriza, 8, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións de referencia poderán as persoas interesadas interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte a súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou interpoñer demanda ante a xurisdición social no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNI/NIF/NIE

Acto notificado

33812926M

Resolución

33861345D

Resolución

32774381W

Resolución

33316814A

Resolución

36020910N

Resolución

34911774M

Resolución

35459435J

Resolución