Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 6 de outubro de 2020 polo que se notifica a imposición dunha quinta multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/64/2012.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 2 de setembro de 2020, resolución pola que se impón unha quinta multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 02/05/2013, 18/06/2014, 03/02/2015, 23/01/2017,13/07/2018 e do 16/09/2019, nas cales se declaran ilegalizables as obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar sen vinculación a explotación agrícola ou gandeira no lugar de Rairo, no termo municipal de Ourense, provincia de Ourense, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente, e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María Rosa Machado de Jesús e a Antonio Fernando Morgado, mediante o presente anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas na rúa dos Camiños da Vida, s/n 1º andar, no Edificio Witland – Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística