Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42306

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o primeiro semestre de 2020 ao abeiro da convocatoria para o ano 2020 para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN607F, IN607G e IN607H).

O artigo 7.2 da citada convocatoria de axudas establece que de xeito semestral publicaranse no DOG as axudas concedidas e notificadas durante este período.

De conformidade co anterior, co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co establecido no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas durante o primeiro semestre de 2020 pola Axencia Galega de Innovación, ao abeiro da convocatoria para o ano 2020 para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020).

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

a) Normas reguladoras da convocatoria:

Resolución da directora da Axencia Galega de Innovación do 31 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG núm. 131, do 11 de xullo de 2019).

Resolución da directora da Axencia Galega de Innovación do 23 de abril de 2020 pola que se convocan para o ano 2020 as axudas para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG núm. 90, do 11 de maio de 2020).

b) Aplicacións orzamentarias e crédito orzamentario destinado:

Beneficiarios

Aplicación

2020

2021

2022

Total

Empresas pemes

09.A3.561A.770.0 (CP:2016-9)

906.333,40 €

694.237,40 €

462.824,90 €

2.063.395,70 €

Organismos de investigación públicos

09.A3.561A.743.0 (CP:2018-1)

300.000,00 €

0,00 €

0,00 €

300.000,00 €

Organismos de investigación privados

09.A3.561A.781.0 (CP:2016-10)

400.000,00 €

0,00 €

0,00 €

400.000,00 €

Total

1.606.333,40 €

694.237,40 €

462.824,90 €

2.763.395,70 €

Tal e como se recolle nas súas bases, as axudas da presente convocatoria fináncianse no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, o cal conta cunha taxa de cofinanciamento Feder do 80 %, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante.

c) A finalidade destas axudas defínese en tres liñas de apoio:

Liña 1: apoio á preparación de propostas de calidade ao Programa marco (código de procedemento IN607F).

Liñas 2.1 e 2.2: financiamento do desenvolvemento dunha proposta individual presentada á fase 1 (liña 2.1-procedemento IN607G) ou á fase 2 (liña 2.2-procedemento IN607H) do Instrumento Peme.

Entidade beneficiaria

NIF

Código expediente

Subvención concedida 2020

Subvención concedida 2021

Subvención concedida 2022

Subvención concedida total

Fundación Centro Gallego de

Investigaciones del Agua

G70312020

IN607F 2020/05

3.760,00 €

0,00 €

0,00 €

3.760,00 €

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

G15305923

IN607F 2020/03

5.000,00 €

0,00 €

0,00 €

5.000,00 €

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

G15305923

IN607F 2020/04

10.000,00 €

0,00 €

0,00 €

10.000,00 €

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

G15305923

IN607F 2020/06

5.000,00 €

0,00 €

0,00 €

5.000,00 €

Fundación Juana de Vega

G15050602

IN607F 2020/02

4.764,20 €

0,00 €

0,00 €

4.764,20 €

Imagina Concepto Industrial, S.L.U.

B94053592

IN607G 2020/01

3.737,50 €

46.262,50 €

0,00 €

50.000,00 €

Triple Alpha Innovation, S.L.

B70548706

IN607F 2020/01

15.916,00 €

0,00 €

0,00 €

15.916,00 €