Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42413

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

ANUNCIO do 1 de outubro de 2020 de convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha titulado/a superior universitario, graduado/a ou equivalente en Ciencias ou Ciencias da Saúde para a realización de actividades relacionadas co programa GENEP.

Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha titulado/a superior universitario, graduado/a ou equivalente en Ciencias ou Ciencias da Saúde, baixo a modalidade contractual de obra/servizo determinado para a realización de actividades relacionadas co desenvolvemento dun plan que establece a detección temperá das encefalopatías epilépticas infantís (GENEP). O contrato regularase polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación e, particularmente, polo artigo 15 do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro (BOE do 24 de outubro), e o Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro (BOE do 8 de xaneiro).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na web do Servizo Galego de Saúde na sección de Recursos Humanos/outros procesos selectivos http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/FP-Galega-de-Medicina-Xenómica e no taboleiro de anuncios da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2020

Ángel Carracedo Álvarez
Director executivo da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica