Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de outubro de 2020 polo que se someten ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia nas provincias de Lugo e Ourense (GA/19/001.09).

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 7 de outubro de 2020 aprobáronse provisionalmente os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da rede autonómica de estradas de Galicia nas provincias de Lugo e Ourense que se relacionan neste anuncio.

Por isto, e de conformidade co disposto na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, e no Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á avaliación e á xestión do ruído ambiental, sométense ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da rede autonómica de estradas de Galicia nas provincias de Lugo e Ourense que a continuación se relacionan:

Estrada

Treito

P.q. inic.

P.q. fin

Lonx. (km)

Concellos

LU-021

A Campiña (N-640)-DP-2927

0

1,45

1,45

Lugo

LU-530

Lugo-Enl. A-6

0

3,37

3,37

Lugo

LU-539

Viveiro (LU-862)-Viveiro (LU-540)

0

0,99

0,99

Viveiro

LU-662

Monforte de Lemos (LU-546)-Monforte de Lemos (LU-933)

0

1,21

1,21

Monforte de Lemos

LU-664

Monforte de Lemos (LU-546)-Monforte de Lemos (LU-617)

0

1,54

1,54

Monforte de Lemos

LU-862

Cobas (LU-P-6603)-Porto de Celeiro

82,98

86,92

3,94

Viveiro

LU-933

Monforte-Monforte

0

1,04

1,04

Monforte de Lemos

Estrada

Treito

P.q. inic.

P.q. fin

Lonx. (km)

Concellos

AG-53

Enl. AG-54-Enl. Barbantes (A-52)

78,74

87,24

8,5

Maside, Amoeiro, Punxín, Ourense, Toén

OU-100

Ourense (Av. Zamora)-Estación de San Francisco

0

0,52

0,52

Ourense

OU-525

Noalla (OU-538)-Ourense Sur saída 224 (A-52)

228,95

233,08

4,13

San Cibrao das Viñas, Ourense

OU-536

Ourense (Regueiro)-OU-537

1

6,02

5,02

Ourense, O Pereiro de Aguiar

OU-538

Noalla (N-525)-Polígono industrial de San Cibrao das Viñas

0

1,07

1,07

San Cibrao das Viñas

OU-540

Ourense-Enl. Carrefour

0

1,83

1,83

Ourense, Barbadás

A duración da información pública será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período en que os mapas poderán ser examinados polas persoas que o desexen co obxecto de formularen as correspondentes alegacións ou suxestións que xulguen oportunas.

A exposición ao público, para os efectos do presente anuncio, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), no Servizo de Infraestruturas de Ourense (rúa Sáenz Díez, 1, 32071 Ourense), e nas respectivas casas dos concellos antes relacionadas. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópanse á disposición dos interesados os documentos completos dos mapas.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas