Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, e de aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Uxo, situado no concello de Avión, provincia de Ourense (expediente IN408A 2018/05).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

• Solicitante: Naturgy Renovables, S.L.U.; CIF: B84160423.

• Denominación do proxecto: parque eólico Uxo.

• Concello afectado: Avión (Ourense).

• Potencia que se vai instalar: 21,00 MW.

• Número de aeroxeradores: 6×3,5 MW de potencia nominal unitaria.

• Produción media neta vertida á rede (MWh/ano): 61.985.

• Orzamento total (execución material): 21.140.800,10 €.

• Localización: (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89).

Coordenadas que definen a poligonal do parque eólico:

Vértice

UTM-X

UTM-Y

a

556.500

4.696.650

b

558.000

4.696.650

c

558.000

4.695.460

d

559.020

4.695.460

e

559.020

4.694.000

f

556.500

4.694.000

Esta poligonal ocupa un total de 546,42 ha.

As coordenadas previstas en proxecto para os aeroxeradores e para a torre meteorolóxica son:

Vértice

UTM-X

UTM-Y

A01

557.961

4.694.555

A02

557.631

4.694.761

A03

557.495

4.695.153

A04

557.359

4.695.545

A05

557.097

4.695.866

A06

557.060

4.696.279

Torre meteorolóxica

UTM-X

UTM-Y

Torre 1

557.412

4.694.740

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 6 aeroxeradores modelo Enercon-138 EP3, ou similar, coas seguintes alturas de buxa: A02, 138 m; A03, 147 m; A05, 148 m; e 154 m para os aeroxeradores A01, A04 e A06. Todos teñen un diámetro de rotor de 138 m e unha potencia máxima activa de xeración eléctrica de 3.500 kW, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia góndola dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 3.750 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación receptora do parque (SET), composta por dous circuítos con condutores tipo RHZ1 2OL(S) Al 18/30 kV Al+H16 de sección variable segundo o tramo, o circuíto 1 para a interconexión dos aeroxeradores A01, A02 e A03, e o circuíto 2 para os A04, A05 e A06.

– Subestación 30/132 kV, con parque ao nivel de 132 kV en intemperie con aparellaxe convencional e seguintes elementos: un transformador de potencia de 25 MVA ONAN e relación de transformación 132/30 kV, con regulación en carga 132±10×1,5 % kV; 2 posicións de liña e 1 unha de trafo, cos equipamentos necesarios de protección e medida. En 30 kV: unha reactancia de posta a terra, con limitación de corrente a 500 A, 30 s; unha posición de transformador e medida de tensión de barras de 30 kV, con trafo de SSAA 30/0,42-0,242 kV de 50 kVA de potencia aparente; e dúas posicións de liña, para a conexión dos aeroxeradores; ademais dunha posición de batería de condensadores. Equipamento complementario para as funcións de control, mando e protección da SET.

O obxecto da información pública será a prevista regulamentariamente para os trámites do proxecto de execución das instalacións, do estudo de impacto ambiental e do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar alegacións, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución. Toda a documentación pódese examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o sinalado prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Ourense, 22 de setembro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense