Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 27 de outubro de 2020 Páx. 42715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2020/20 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, parcela U2, rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: soterramento da LAT de acometida ao CT Depuradora 2 (78) en Ribadeo

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas:

• Liña soterrada de alta tensión ao CT Depuradora 2 (78) con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio existente A-82478 e final no CT existente Depuradora 2, cunha lonxitude de 60 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

• Liña soterrada de baixa tensión, con orixe no CT Depuradora 2 (78) e final na RBT aérea existente, cunha lonxitude de 90 metros en RV-240.

• Desmontaxe dun apoio de formigón, 35 metros de LA-56 e 15 metros de RZ-95.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 6 de outubro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

Segundo a disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, de 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.