Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 27 de outubro de 2020 Páx. 42767

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2020 polo que se dá publicidade dun encargo de xestión, para o exercicio 2020, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a un encargo de xestión para o exercicio 2020, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: realización das obras de trazado dunha pista BMX sobre dos amoreamentos de terras procedentes da explanación dos terreos do ano 2001 e o encontro coa senda da beira sur.

Natureza e alcance da xestión: este encargo ten natureza intrasubxectiva, ao ter Seaga a consideración de medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: o mínimo necesario estímase en seis meses, será necesaria para a terminación a coordinación co remate dos traballos da Urbanización Fase II, para o uso dos espazos públicos polos que se accede á vertente sur (situación da pista BMX).

Tarifas aplicables: prezos unitarios comprendidos no réxime de tarifas aprobado con data do 20 de agosto de 2013; a excepción dos prezos codificados como ST.04, ST.05, ST.12, ST.13, ST.15, ST.16, ST.18, ST.19, ST.34, ST.35, ST.36, ST.37, ST.38, ST.39, ST.40, ST.41, ST42, ST.43, ST.44, ST.45, ST.46, ST.48, ST.49, ST.55, ST.56, ST.57, ST.58, ST.59, ST.54, ST.53, ST.87, ST.63, ST.88, ST.70, ST.77, ST.78, ST.79, ST.90. Estes prezos foron creados a partir de prezos simples das tarifas correspondentes a elementos que se integran noutras unidades de obra aprobadas, e/ou de mercado, segundo se recolla no punto 3.3 da instrución citada con anterioridade.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2020

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia