Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 27 de outubro de 2020 Páx. 42700

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2020 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de Química Analítica.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 8 de xuño de 2020 (BOE do 12 de xuño), para a provisión da praza número 20/038 de catedrática de universidade da área de coñecemento de Química Analítica, departamento de Química desta universidade, a favor de Alatzne Carlosena Zubieta, con DNI núm. ***0417**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alatzne Carlosena Zubieta, catedrática de universidade da área de coñecemento de Química Analítica, departamento de Química desta universidade.

No prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun (1) mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 16 de outubro de 2020

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña