Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 28 de outubro de 2020 Páx. 42923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 15 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados o arquivo do expediente de expropiación de predios do parque eólico de Neda (expediente LU-11/124-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícase as persoas interesadas o arquivo do expediente de expropiación para os predios do parque eólico de Neda que se sinalan no cadro que se xunta.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial en Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 15 de outubro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente LU-11/124-EOL.

Denominación: parque eólico Neda.

Arquivo expediente de expropiación.

Predio

Concello

Propietario/a

12 e 13

Abadín

Mª Dolores Díaz González

19

Abadín

Fidel Atilano Díaz Fole

19

Abadín

Emilio Salvador Díaz Fole

8

A Pastoriza

Graciano Iglesias Nieto

54

A Pastoriza

Juan, Froilán e F. Favier Neira Estrada

59

A Pastoriza

Rosendo Alonso Lorenzo