Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 28 de outubro de 2020 Páx. 42894

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 20 de outubro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, e de acordo co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, o exercicio terceiro constou de dúas partes: a primeira consistiu na superación dunha proba de coñecemento de lingua inglesa, celebrada o pasado día 1 de outubro; a segunda proba é demostrativa do coñecemento de lingua galega, para o que todos os aspirantes presentaron acreditación de posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais dos niveis de coñecemento de lingua galega (DOG do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de febreiro).

Este exercicio valorarase como apto ou non apto, e será necesario para superalo obter o resultado de apto en cada unha das probas. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do terceiro exercicio proba primeira, aprobados polo tribunal o día 7 de setembro de 2020, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o terceiro exercicio parte primeira as persoas aspirantes presentadas que obtivesen un mínimo de quince (15) respostas correctas, unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un terzo dunha pregunta correcta. Advírtese que as preguntas non contestadas non penalizaron.

Segundo. Feita a corrección na sesión do día 20 de outubro de 2020, e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de sete (7) aspirantes. Tendo en conta as dúas persoas aspirantes que acreditaron no prazo sinalado que posúen coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B2, ou superior, dentro do Marco europeo común de referencia, o total de persoas aspirantes que poderán presentarse ao seguinte exercicio será de nove (9) aspirantes.

Terceiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as listaxes de persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información, subgrupo A1, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2020

Juan Gómez Duaso
Presidente do tribunal