Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 28 de outubro de 2020 Páx. 42957

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO das bases específicas do proceso selectivo para policía local, polo sistema de quenda libre, da oferta de emprego público do ano 2019.

Na Resolución da Alcaldía núm. 2020-0961, do 16 de outubro, aprobáronse as bases específicas que regularán o proceso selectivo para cubrir tres prazas de policía local, polo sistema de quenda libre, vacantes no cadro de persoal do Concello de Moaña, incluídas na oferta de emprego público do ano 2019.

O período de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña https://concellodemoana.sedelectronica.gal

Moaña, 16 de outubro de 2020

Leticia Santos Paz
Alcaldesa