De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante Resolución desta universidade do 3 de marzo de 2020 (DOG do 16 de marzo) e presentada polas persoas propostas a documentación á que fai referencia a base 7ª da convocatoria.
Esta Reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 19 de outubro de 2020
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
1.
| Código: | CD1901-T04-555-DO-TC-01 | 
| Corpo: | profesor/a contratado/a doutor/a | 
| Área de coñecemento: | A0555 Enxeñería química | 
| Departamento: | D00t04 Enxeñería química | 
| Centro de traballo: | 312 Escola de Enxeñería Industrial | 
| DNI: | ***8036** | 
| Nome e apelidos: | Francisco Javier Deive Herva | 

 
					
