Tentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Advírteselles que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerarán desistidos/as da súa petición.
Ourense, 15 de outubro de 2020
Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente |
DNI/NIE/PAS |
Data de requirimento |
37644 |
FX585975 |
5.6.2020 |
39612 |
AP324786 |
18.6.2020 |
39615 |
AP864492 |
18.6.2020 |
39774 |
Y7596905L |
18.6.2020 |
39778 |
EC7397349 |
29.6.2020 |
42822 |
Y7754341C |
21.9.2020 |