Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican a varios interesados resolucións relativas a modificacións ao acordo da zona de concentración parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º, Pontevedra; teléfono 986 80 54 48), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Contra o acto a que se refire o anexo, que non pon fin a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación.

Pontevedra, 15 de outubro de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

FC-37 (1345/15)

35431909H

Resolución modificación ao acordo

FC-37 (1345/15)

76843906D

Resolución modificación ao acordo