Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43076

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Unha vez presentadas as renuncias da vogal titular e da secretaria e vogal suplente do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por Carmen López Olmedo como vogal titular, por María Jesús Gutiérrez Tosar como secretaria suplente e por Jesús Pereiro Mallo como vogal suplente do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular a Jesús Pereiro Mallo, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; como secretaria suplente a Marta Ramos Lage, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e como vogal suplente a Francisco Rodríguez Vila, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública