Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43148

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas sitas no cruzamento da rúa Marqués de Pontejos coa rúa San Nicolás (expediente 631/2020/65).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 8 de outubro de 2020, acordou aprobar inicialmente o documento denominado «Estudo de detalle de reaxuste de aliñacións e ordenación de volumes nas parcelas situadas no cruzamento da rúa Marqués de Pontejos coa rúa San Nicolás, A Coruña. Setembro 2020», promovido polo Concello da Coruña e redactado polo arquitecto Jorge Salgado Cortizas.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado dende o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electronica do concello, na epígrafe información urbanística; na web de Urbanismo; e no visor «Desenvolvemento do Planeamento». Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, logo da cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou dirixirase ao registrourbanismo@coruna.es.

A Coruña, 19 de outubro de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
María Hernández García
Directora Área de Urbanismo