Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43153

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Toén

ANUNCIO de información pública do expediente de modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal no núcleo rural da Verea.

O Pleno da Corporación aprobou inicialmente o 3 de outubro de 2020 a modificación puntual número 2 do PXOM do Concello de Toén no núcleo rural da Verea, cuxo obxecto é levar a cabo unha nova delimitación do solo de núcleo rural do núcleo da Verea (expediente 285/2019).

En cumprimento do disposto no artigo 78.2.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG.

Durante o dito prazo o expediente estará á disposición de calquera persoa interesada que queira examinalo para que se poidan presentar as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, o documento estará á disposición de calquera persoa interesada no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es).

Toén, 7 de outubro de 2020

Ricardo González Gómez
Alcalde