Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 30 de outubro de 2020 Páx. 43440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (procedemento ordinario 7326/2020).

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o procedemento ordinario 7326/2020, seguido por instancia da Asociación Española de Funcional Fitness de Competición SIF3, contra a Orde do 9 de setembro de 2020, sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do plan para a transición cara a unha nova normalidade, e contra a Orde do 17 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no mesmo Acordo do Consello da Xunta de Galicia antes citado.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado tribunal no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade