Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 30 de outubro de 2020 Páx. 43443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 2 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO189704).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación do acto administrativo de citación á persoa interesada que se sinala no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que, de non atender ao acto que se notifica, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable ao interesado, e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que será notificada ao interesado.

A Coruña, 2 de outubro de 2020

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

CO189704

32822201M

Citación para o recoñecemento

9.9.2020