Expediente-e: IN407A 2020/78-1.
Promotora: E-Distribución Redes Digitales, S.L.U.
Denominación da instalación: renovación de celdas MT + nova LMTS de acometida de CT A Fraga.
Concello: As Pontes de García Rodríguez.
Feitos.
1. O 6.4.2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proyecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada. Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os documentos seguintes:
– Proxecto de execución denominado renovación de celdas MT + nova LMTS de acometida de CT A Fraga, asinado por Ramón, Gómes Morandeira, enxeñeiro industrial, nº colexiado 1.304, o 23.3.2020 con nº de visado 20200748 do 26.3.2020.
– Anexo modificación do proxecto técnico de renovación de celas MT + nova LMTS de acometida de CT A Fraga, asinado por Ramón, Gómes Morandeira, enxeñeiro industrial, nº colexiado 1.304, o 16.6.2020 con nº de visado 20201495 do 23.6.2020.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, de acordo co artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, deuse traslado ás distintas administracións, organismos ou, se for o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puider afectar a bens e dereitos ao seu cargo, coas características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.
E-Distribución Redes Digitales, S.L. presentou separatas do proxecto para os seguintes organismos: Nedgia Galicia, R Cable y Telecomunicaciones, S.A.U., Concello das Pontes de García Rodríguez e Telefónica de España S.A. E-Distribución Redes Digitales, S.L. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.
E-Distribución Redes Digitales, S.L. presentou separatas do anexo modificado do proxecto para os seguintes organismos: Augas de Galicia e Concello das Pontes de García Rodríguez. Non consta no expediente contestación dos organismos á solicitude de condicionado ao anexo modificado do proxecto.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas.
1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente de acordo co establecido no artigo 66.a) do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, conforme a disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.
2. A lexislación aplicable a este expediente é:
a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. As características técnicas da instalación son as seguintes:
– Reforma do CT A Fraga: substitución das celas existentes ao aire por celas illadas SF6 configuración 2L+3P. Desmantelamento dun dos catro CTs de 630 kVA existentes.
– LMTS de 20 kV, 277,52 m de lonxitude, orixe en cela de saída no CT Barreiro II e final no CT A Fraga en condutor 3×(RH5Z1 12/20 kV de sección 240 mm2 Al).
– Desmantelamento de LMTS existente (IN407A 2016/1397), con orixe no apoio 41 de conversión A/S da LMTA existente Tesouro-Puentes-Poboados Novos e final no CT A Fraga.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta jefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamiento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das reglamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notificáse á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A Coruña, 30 de setembro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
Disposición transitoria terceira Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.