Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 30 de outubro de 2020 Páx. 43435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 19 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade á declaración comprensiva da situación patrimonial dun alto cargo por cesamento.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de tódolos cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pola Orde do 3 de marzo de 2016 do titular da consellería competente en materia de función pública apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 44, do 4 de marzo).

En virtude do Decreto 37/2020, do 27 de febreiro (DOG núm. 41, do 2 de marzo), Mª Corina Porro Martínez cesou no cargo de delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo. En virtude do Decreto 55/2020, do 20 de marzo (DOG núm. 55-bis, do 20 de marzo), resultou nomeada novamente no cargo de delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo.

En virtude do Decreto 83/2020, do 5 de xuño (DOG núm. 110, do 8 de xuño), cesou no cargo de delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e presentou o anexo IV «Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia», no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara ao seu cesamento, e que se publica como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: Mª Corina Porro Martínez.

Cargo público orixe da declaración: delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo.

Motivo: cese.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 86.405,12 €.

2. Valor total doutros bens: 160.173,74 €.

3. Total: 246.578,86 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 42.520,88 €.