A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución do expediente sancionador de clave DH.D36.68763, por infracción da normativa en materia de dominio público hidráulico.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado, con xustificante de recepción, no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa titular do NIF/NIE 79326690N.
Infórmase que o expediente atópase á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.
Comunícaselle que, contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2020
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia