Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 2 de novembro de 2020 Páx. 43532

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 16 de outubro de 2020 pola que se nomean vogais do Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

O artigo 10 dos estatutos do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro, establece o Consello Reitor como o órgano superior colexiado de goberno do instituto.

A composición do Consello Reitor fíxase no artigo 11 dos citados estatutos e indícase que está integrado pola Presidencia, a Vicepresidencia, a Secretaría, e que, ademais, formarán parte del os seguintes vogais:

a) En representación dos axentes sociais: un/unha vogal en representación de cada un dos sindicatos que estean presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, nos termos expostos na disposición adicional décimo terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e o mesmo número de vogais designados por proposta das organizacións empresariais máis representativas da comunidade autónoma.

b) En representación da Administración, un número de vogais suficiente para garantir a composición paritaria do Consello Reitor:

1. A persoa titular da Xerencia do Instituto.

2. Un/unha vogal por cada unha das consellerías con competencias en materia de sanidade, minas e facenda, designado pola persoa titular da consellería respectiva de entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección.

3. No caso de ser necesario, os/as restantes vogais serán designados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección da Administración xeral da comunidade autónoma.

A nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 110/2020, do 6 de setembro, e desenvolvida polo Decreto 130/2020, do 17 de setembro, coa creación dunha nova Consellería de Emprego e Igualdade, que asume as competencias en materia de traballo, e á que se adscribe o Issga, obriga a cambiar os dous vogais designados en representación da extinta Consellería de Economía, Emprego e Industria, nun dos casos polo cambio do anterior titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación e no outro caso porque a Axencia Galega da Industria Forestal xa non depende da consellería con competencias en materia de traballo. Ao mesmo tempo, dada a necesidade de actualizar os vogais do Consello Reitor, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia propón un cambio no vogal suplente designado na Orde do 12 de decembro de 2019.

En virtude do anterior, cómpre facer o seu nomeamento que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Así, de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e os artigos 10 e 11 dos estatutos do Issga, aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro,

DISPOÑO:

Primeiro. Nomear vogais titulares e suplentes do Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ás seguintes persoas, sen prexuízo da permanencia dos restantes membros nomeados pola Orde do 12 de decembro de 2019:

a) En representación dos axentes sociais:

– Como vogal suplente: Xesús Castro Baamonde, polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

b) En representación da Administración:

Dous vogais pola consellería competente en materia de traballo:

– Como vogal titular: Zeltia Lado Lago, directora xeral de Formación e Colocación.

– Como vogal suplente: Jesús Sanjurjo Paz, subdirector xeral de Orientación Laboral.

– Como vogal titular: Covadonga Toca Carús, directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.

– Como vogal suplente: Juan José Lirón Lago, subdirector xeral de Emprego.

Segundo. Esta orde producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2020

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade