Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 6 de outubro de 2020, se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela número 572-E dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 232,61 m2.
Data da Resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril e DOG núm. 85, do 6 de maio (corr. erros).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Antigos titulares: María Virginia Muñiz Riveiro e Juan José Muñiz Riveiro.
Novos titulares: Alberto Padín Fernández (***6752**) e María Teresa Calvo Silva (***2961**).
Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os novos titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou a copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 6 de outubro de 2020
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo