Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 22 de outubro de 2020, da Comisión Galega de Control da Violencia, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente CGCV 23E/2019.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido ou porque, logo de intentar dúas veces a notificación, esta non se puidese efectuar.

O acto foi adoptado polo Pleno da Comisión Galega de Control da Violencia.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar o contido íntegro deste acto no Servizo Xurídico Deportivo desta secretaría xeral, sita na rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2020

Jorge Barros de la Peña
Secretario da Comisión Galega de Control da Violencia

ANEXO

Expediente: CGCV 23E/2019.

NIF: 32402874Z.

Acto notificado: acordo de incoación de expediente sancionador.