Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43914

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2020 pola que se amplía o prazo de resolución de diversos procesos selectivos para ingresar como persoal laboral fixo da Universidade de Vigo (técnico superior de I+D e técnico superior de TIC).

Mediante as resolucións do 28 de xuño de 2019 (DOG núm. 128, do 8 de xullo), modificadas por requirimento da Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas mediante as resolucións do 30 de xullo de 2019 (DOG núm. 148, do 6 de agosto), a Universidade de Vigo convocou procesos selectivos para o ingreso nas seguintes categorías de persoal laboral fixo de administración e servizos, encadradas todas elas no grupo I:

– Técnico/a superior de I+D.

– Técnico/a superior de tecnoloxías da información e comunicacións.

A base 6.3 das devanditas convocatorias establece que a resolución final deste proceso selectivo se ditará antes de que transcorra un ano desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A suspensión dos prazos administrativos como consecuencia da declaración do estado de alarma en marzo de 2020 e a posterior ralentización das actuacións relativas á realización das probas e ás actuacións dos tribunais, como consecuencia da progresiva recuperación da actividade administrativa, así como as correccións de erros que afectaron estas convocatorias, fan preciso ampliar o prazo máximo previsto para finalizar estes procesos selectivos, de conformidade co establecido no artigo 32.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

En consecuencia, esta reitoría, en uso das atribucións que ten conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Ampliar en seis (6) meses o prazo de resolución do procedemento, de acordo co establecido na base 6.3 das resolucións do 28 de xuño de 2019 polas que se convocaron os procesos selectivos das categorías anteriormente indicadas.

Segundo. Contra esta resolución non cabe recurso, de conformidade co artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 28 de outubro de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo