Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 5 de novembro de 2020 Páx. 44133

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Cultura, para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, que se convocan para o ano 2020 en réxime de non concorrencia.

Logo de ver as solicitudes de axudas destinadas a facilitar a participación das galerías de arte, que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en feiras e eventos do sector que teñan lugar no ano 2020 fóra da comunidade, e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei, e no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

A suma total das axudas ascende a setenta e catro mil euros (74.000 €), que se librarán con cargo á aplicación 11.20.432B.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2020.

Segundo os criterios sinalados no artigo 11 da Orde do 10 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras,

RESOLVO:

Conceder as axudas, polas contías que se indican, ás galerías que se relacionan no anexo que se xunta, ordenadas por orde de entrada das solicitudes, segundo os requisitos establecidos no artigo 9.2, e publicalas do Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido no artigo 11 da orde.

As galerías subvencionadas a que fai referencia esta resolución quedan obrigadas a achegar a documentación xustificativa segundo o procedemento indicado no artigo 15 da orde de convocatoria e quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Conforme o artigo 11 da orde, a publicación desta resolución na páxina web oficial da Consellería de Cultura e Turismo (https://www.cultura.gal) substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, este deberá resolverse antes de poder interpor o contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2020

Anxo M. Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura

ANEXO

Relación de galerías por orde de entrada de solicitudes

(acreditado mediante número e hora de entrada no rexistro electrónico)

Solicitante

Feira ou mercado

Data 2020 prevista inicialmente

Axuda proposta

María Luísa Pita Díaz

Art Madrid

Febreiro

4.000

Art Up Lille

Marzo

6.000

Galería PM8, S.L.

Frieze New York

Maio

6.000

Liste Basel

Setembro

6.000

MC Proxectos de Arte, S.L.

Just Mad Madrid

Febreiro

4.000

Justlx. Lisboa

Maio

6.000

Pereira y Arte, S.L.

Just Mad Madrid

Febreiro

4.000

María Jesús Villar Iglesias

Arco Madrid

Febreiro

4.000

Estampa Madrid

Novembro

4.000

M. Rodríguez y Compañía, S.L.

Art Madrid

Febreiro

4.000

María Magán Lampón

Hybrid Art Fair

Febreiro

4.000

María Asunción Rodríguez Rodríguez

Just Mad Madrid

Febreiro

4.000

Drawing Room Lisboa

Outubro

6.000

Cristián Balsa Gavilanes-Galería Art Cuestion

Poll Art Fair Guadalope

Outubro

6.000

Art 3 Fair Mónaco

Outubro

6.000